Thursday 09 de May de 2024

Esta fin de semana proclamarase o equipo gañador do “I Torneo eSports Cidade da Coruña”


 

Desde mañá até o domingo, en que se xogará a final, a veciñanza poderá seguir a retransmisión en directo dos encontros a través da páxina web do concello Como previa á final, disputarase un partido entre xogadores do R.C. Deportivo de La Coruña e do R.C. Celta de Vigo
As dúas semifinais do “I Torneo eSports FIFA 20
Cidade da Coruña” terán lugar mañá, ás 19.30 horas, entre Dieguiitoo08 e
DOPITRON, e ás 20.45 horas, nun segundo enfrontamento entre JorgeGallego e
danielcol10. Ambas as partidas serán retransmitidas en directo a través da páxina

web do Concello da Coruña https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/esports-
concello-da-coruna-fifa20

Os equipos gañadores de cada choque pasarán á final, que se xogará o domingo 3
de maio ás 21.30 horas, e será narrada por comentaristas especializadas/os en
eSports xunto con xornalistas deportivos de Galicia. Esta poderase desfrutar tamén
en directo desde a mesma páxina web.
Como aperitivo a esta cita, disputarase ás 20.45 horas outra non menos
apaixonante partida entre David Simón do Deportivo da Coruña e un xogador do
Celta de Vigo, que sairá do campionato interno do club.
Posteriormente, as e os gañadores de cada final xogarán un encontro no acto de
entrega dos premios, aínda sen data, xa que Deportes anunciará o día concreto
unha vez que se levante o estado de alarma e cando as recompensas estean
dispoñibles.

Nota de Prensa

A campioa ou campión recibirá unha PlayStation 5, un xogo do FIFA 21 e mais a
invitación para xogar contra o equipo gañador do partido disputado por futbolistas
profesionais do R.C. Deportivo contra o R.C. Celta de Vigo (dentro do Torneo
eSports Cidade da Coruña).
O segundo clasificado recibirá unha PlayStation 5 e un xogo do FIFA 21 e o terceiro
unha PlayStation 5. Para o cuarto posto do campionato está reservado un xogo do
FIFA 21 e un vale por unha subscrición anual de PlayStation Network.
Ademais, entre o resto de persoas participantes sortearanse dúas consolas
PlayStation 5, 10 unidades do xogo FIFA 21 e 10 vales de subscrición anual de
PlayStation Network.

PARTICIPANTES
Neste I Torneo eSports Cidade da Coruña inscribíronse algo máis de 500 persoas
das que 444 cumprían as bases da convocatoria e que se foron emparellando en
distintas roldas eliminatorias que creou o propio sistema informático do programa
até quedaren os catro semifinalistas.
Desde a Concellaría de Deportes valoran moi positivamente a acollida que tivo esta
iniciativa entre as e os coruñeses e o ritmo tranquilo en que transcorreron as
distintas xornadas eliminatorias, polo que non descartan realizar futuras
convocatorias. Agradecen tamén a colaboración de Maritime Global Services e da
cadea Cope Galicia, así como o traballo das e dos técnicos municipais na
coordinación do torneo.